lunes, 1 de diciembre de 2014

ÁRBOL DE NAVIDAD

Podedes ver aquí a coreografía:

https://www.blogger.com/blogger.g?blogID=5113390918137809686#editor/src=sidebar


E aquí tedes a letra:



ÁRBOL DE NAVIDAD



Navidad, Navidad, ya llegó la Navidad!

Tenemos un arbolito y lo vamos a adornar...

Navidad, Navidad, ya llegó la Navidad!



  1. Las bolitas de colores se las vamos a colgar.
          Navidad...
  1. Una estrella en lo más alto para que pueda brillar.
    Navidad...
  2. Guirnaldas y cintas blancas como si fuera a nevar.
    Navidad...
  3. Las bombillas encendidas, ya vamos a terminar.
    Navidad...
  4. Tenemos un arbolito que acabamos de adornar.
    Navidad...
  5. Y ahora que está adornado vamos todos a cantar.
    Navidad...




martes, 25 de marzo de 2014

A NOSA MÚSICA

Escoitamos unha alegre composición titulada Moita festa, interpretada por Carlos Núñez no seu disco A irmandade das estrelas. Esta melodía foi composta por José Pacheco, o mestre da capela da catedral de Mondoñedo. Foi interpretada no Nadal dentro da catedral, única época do ano no que permitían xuntar instrumentos populares cos da orquestra, ademáis de cantar en galego.

MOITA FESTA

jueves, 16 de enero de 2014

NUN MERCADO PERSA...

Este ano en sexto curso imos facer unha viaxe por Oriente. Escenas diferentes vanse desenvolver nun mercado persa da man do compositor inglés A. KETELBEY (S. XIX-XX). Seguiremos a música nun musicograma e trataremos de reconstruir a historia. Tamén acompañaremos un fragmento con pequena percusión e tocaremos coa frauta unha das melodías da obra.

ESCOITA E SEGUE O MUSICOGRAMA

Escoita no seguinte enlace e trata de identificar os diferentes temas musicais:
  • Tema dos cameleiros.
  • Tema dos mendigos.
  • Tema da princesa.
  • Tema dos saltimbamquis.
  • Tema dos encantadores de serpes.
  • Tema do sultán.
TEMAS MUSICAIS. SOLUCIÓN!

DÍA DA PAZ


CANTARELA DOS NENOS

Amiguiños todos
amiguiños xa,
os nenos de aquí
e os nenos de alá.
Os nenos do mundo
todos a cantar
a unha mesma voz              
collidos das mans.
Cantarela nosa
de amor e de paz,
sen penchas nin odios,
sen falsa irmandá.
Rolda de sorrisos,
dende mar a mar,
corazóns abertos,
ollos de amistar.
Amiguiños todos,
amiguiños xa,
os nenos de aquí
e os nenos de alá.

(Xosé Neira Vilas)

para escoitar pincha aquí





miércoles, 20 de noviembre de 2013

TIPOS DE MÚSICA EMPLEADOS NA PUBLICIDADE

Como sabedes, a música, xunto coa imaxe é un dos recursos máis empregados na publicidade. A música transmite emocións, sensacións, sentimentos... é por iso que ten un papel fundamental dentro da publicidade.

As campañas publicitarias combinan unha serie de elementos: imaxe, son, guión, mensaxe... e a música ocupa un papel tan destacado que a ausencia de son no anuncio en cuestión é a miúdo empregado como reclamo.

A música que se emprega nos spots publicitarios é moi variada, así que vos deixo un Wix fantástico que nos explica de forma moi clariña os tipos de música empregados na publicide, e ademáis ten exemplos que nos axudan a entendelos!!!


Pincha aquí para ver os diferentes tipos de música empregados na publicidade



 

martes, 8 de octubre de 2013

HIMNO Á ALEGRÍA

Este curso, en 6º, imos comezar tocando o Himno á alegría da 9º sinfonía de BEETHOVEN.

A sinfonía é una obra instrumental. Na época de Beethoven compúñase para una orquestra e tiña tres ou catro partes (tempos ou movementos).

Este tema pertence ó 4º movemento da sinfonía nº 9, chamada tamén "Coral", xa que Beethoven foi o primeiro compositor en incluír voces nunha sinfonía.

Cando a estreou xa estaba xordo. A estrea foi un éxito total. Hoxe en día é himno internacional.

Vos deixo tamén un enlace dun fragmento da película "Beethoven", dirixida por Brian de Levante e protagonizada por Charles Grodin, onde o compositor, xa xordo, sae dirixindo esta sinfonía. Sobre o minuto 5 tedes o Himno á alegría.

Video Beethoven